Quen somos

Axenda Aberta é unha iniciativa impulsada por un pequeno grupo de persoas, veciñas de Ferrol, que vimos a necesidade de ter un mínimo de coordinación entre todo o movemento asociativo da comarca. Coñecer as convocatorias e actividades das outras organizacións é un pequeno comezo para tecer unha rede de colaboración que multiplique esforzos e evite duplicidades, favorecendo os obxectivos comúns. Trátase de cambiar o valor da COMPETITIVIDADE, sobre o que se construíu o modelo económico e social actual, polo da COMPLEMENTARIEDADE, que está chamado a ser un valor fundamental na creación dun novo modelo social máis xusto.

Aínda que desde o primeiro momento a axenda está funcionando a pleno rendemento, sabemos que ten eivas. É por iso, que precisamos colaboración. Neste momento, atopámonos recompilando información e en plena construción do sitio na rede, así que se algunha asociación, observa que non aparece nas nosas listaxes, pode enviarnos un email a axendaaberta@gmail.com solicitando a súa inserción, ou tamén, se algunha entidade non quere aparecer nas nosas listaxes, pode utilizar este mesmo medio para excluirse. En todo caso, Axenda Aberta non se fai responsable das posíbeis modificacións de lugar, contido, data ou hora ou supresión das distintas actividades publicadas na nosa axenda.

Podedes enviar convocatorias abertas a axendaaberta@gmail.com para inserilas na axenda principal do blogue.

Se albiscades algún erro na data, hora, lugar, denominación ...dalgunha das actividades ou convocatorias anunciadas, pregamos nolo comuniquedes canto antes para corrixilo.

Febreiro de 2011.

Somos, entre outr@s:

Fran Iglesias (frandacabana[arroba]gmail.com)

Inácio Martínez (inaciogz[arroba]gmail.com) 


A Axenda na Rede de Apoio Mutuo

Desde Maio de 2012, 'De boca a boca - Axenda Aberta', acordou, mantendo os seus obxectivos e principios, formar parte da 'Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra' e ser unha ferramenta compartida de Arméria Sociedade Cooperativa Galega.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Arméria Sociedade Cooperativa Galega
Blogue de Arméria
http://armeriacooperativa.blogspot.com/

Contacto:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

'De boca a boca ... Axenda Aberta', no contesto da Rede Social de Ferrol Terra:

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
---